Cursos para que os pais aprendan a controlar o uso que os seus fillos fan das redes sociais e Internet
Como navegan os nosos fillos por Internet, cales son os principais riscos aos que se enfrontan (ciberbullying, grooming, sexting, gossiping), as malas prácticas na navegación ou como saber que webs son recomendables para os menores e cales non son algúns dos temas de Cursos para adultos. Educación para o consumo 2013, os talleres gratuitos organizados polo área de Emprego e Empresa, que dirixe Luisa Cid, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) e que arrincan o próximo 4 de outubro.
O imparable uso das novas tecnoloxías por parte dos adolescentes e a demanda crecente de consultas dos adultos levou ao Concello a organizar os primeiros talleres destas características orientados a despexar as dúbidas de progenitores, titores e educadores e tamén a ensinarlles a utilizar ferramentas útiles á hora de guiar, protexer e supervisar o uso de Internet polos menores, tanto desde o PC como desde os dispositivos móbiles.
A tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, explicou durante a presentación dos talleres a importancia de axudar aos pais a saber que fan os seus fillos cando están fronte ao ordenador ou co móbil e, tras destacar as vantaxes das novas tecnoloxías, engadiu que esas vantaxes “deben combinarse con sistemas de prevención”.
Cid subliñou que estes seminarios forman parte dunha primeira fase que terá continuidade o próximo ano con charlas específicas para adolescentes e preadolescentes. “Os menores estarán acompañados por titores especializados que lles explicarán onde están os límites e sobre todo a evitar situacións de risco”, engadiu a edil.
Dos nove talleres do programa, catro están centrados en Internet e as redes sociais. Así, a Sensibilización sobre o uso seguro das Tecnoloxías da Información (Internet, móbil, Tablet) polos menores abordará non só os riscos aos que se enfrontan os menores en Internet. O móbil e as súas malas prácticas, ferramentas de uso (filtros, control de saldo) e o coñecemento de webs para pais e educadores son outros dos contidos do taller.
Tuenti, Facebook e Whatsapp
En que mundo entran os menores cando falan de Tuenti, Facebook ou Twitter, como evitar a suplantación de identidade nas redes sociais, políticas de privacidad ou a seguridade na comunicación en mensajerías instantáneas como o Whatsapp forman parte de Boas prácticas nas redes sociais e mensajería instantánea, un taller no que se darán a coñecer as principais redes sociais.
Os outros dous talleres sobre Internet e a súa correcta utilización (Compras en Internet e Uso seguro das tecnoloxías da Información) están orientados a proporcionar os coñecementos básicos para realizar compras na rede, ademais de abordar aspectos como a protección de datos, arquivos e comunicacións. Os asistentes aprenderán a manexar sistemas de seguridade como antivirus, devasas ou sistemas antirrobo e a facer copias de seguridade nun ordenador, tablet ou Smartphone, explicou a tenente de alcalde de Emprego e Empresa.
Cid recordou que as novas tecnoloxías na sociedade son cada vez máis importantes, realidade que comeza a reflectirse nas estatísticas e, aínda que a telefonía segue liderando o ranking de dúbidas e reclamaciones da OMIC, as novas tecnoloxías gañan terreo no listado de consultas. A concejala indicou que entre xaneiro e agosto deste ano houbo 315 consultas sobre compras en Internet e se cursaron 21 reclamaciones, mentres que en todo o exercicio anterior rexistráronse un total de 429 dúbidas e 29 queixas.
Apaga a luz, acende o planeta, Entendendo a factura da luz, Economía doméstica, Produtos de agricultura ecolóxica e O uso dos transgénicos na alimentación son os títulos dos outros cinco talleres que completan o programa Cursos para Adultos que imparte a OMIC e cuxo prazo de inscripción xa está aberto. As persoas interesadas en asistir a calquera dos nove talleres poden facelo nas oficinas da OMIC (Costa A Palloza, 8) en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Os talleres, cun máximo de 25 prazas por curso, se impartirán de outubro a decembro en horario de 11.00 a 12.30 horas no auditorio da OMIC. Comezarán o próximo día 4 de outubro coa charla Compras por Internet.











