Cursos intensivos de inglés en Dodro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocal
A-
A+
Participantes no curso

Participantes no curso

Onte comezaron os dous cursos gratuítos de inglés organizados pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Dodro. Un curso é de nivel inicial e outro de nivel avanzado, para aprender a falar inglés. Esta actuación, de carácter innovador e pioneiro na Comarca do Sar,  está dirixida a persoas entre 18 e 35 anos e terá lugar entre os meses de setembro e outubro.

O seu obxectivo principal é adquirir e perfeccionar os coñecementos, competencias e habilidades lingüísticas no idioma inglés tanto para a mellora da empleabilidade e promoción profesional da mocidade como para o impulso da participación comunitaria nos programas de mobilidade xuvenil, oportunidade única para o aprendizaxe e coñecemento doutras culturas e realidades, fundamental no proceso de desenrolo da persoa.

Nestes cursos participarán 20 mozas e mozos, se ben o volume de persoas inscritas foi sensiblemente superior, de aí, que en función da boa marcha desta experiencia o Concello de Dodro teña a vontade de darlle continuidade a formación en linguas estranxeiras ao longo do curso 2013/2014, dando así resposta as demandas e necesidades nesta área do colectivo xuvenil.

3 de setembro de 2013 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.