Curso de defensa personal feminina en Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisLocal
A-
A+

O Centro de Información ás Mulleres do concello organiza un curso de defensa persoal feminina durante os sábados 21 e 28 de setembro, en horario de 16:00 a 20:00 horas. A actividade, que é gratuita, está  destinada a mulleres de catorce anos en adiante.

Ó inicio do curso María López Gestal xunto co instructor do mesmo, Miguel Bordera, realizarán unha demonstración de savate ou “boxeo francés”, deporte de combate no que se emprega as máns e os pes como armas.

O prazo de inscrición ó curso remata o vindeiro 18/09/2013 xa que as prazas son limitadas. A inscrición poderá realizarse no CIM, ubicado na Casa do Concello en Teixeiro, ou na Oficina Municipal de Curtis.

3 de setembro de 2013 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.