publicidade hoxe

Culleredo conmemora o X Día Mundial do Linfoma con mesas informativas sobre a doazón de médula

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

O Concello de Culleredo conmemora esta semana o X Día Mundial do Linfoma cun programa de actos que desenvolve de forma conxunta coa Asociación Española de linfoma, mieloma e leucemia (AEAL). Desta forma, a Concellaría de Sanidade quere poñer o seu gran de area en sensibilizar a poboación acerca desta enfermidade.

Os actos comezaron na mañá de hoxe mércores, coa instalación dunha mesa informativa no centro de saúde de Acea de Ama. Tivo o obxectivo de sensibilizar acerca dos cancros oncohematológicos e sobre a doazón de medula. Contou coa presenza de Penélope López, edila de Sanidade de Culleredo.

Esta mesa volverase instalar o venres, en horario de 17.00 a 20.00 horas, no paseo marítimo do Burgo. O Concello buscou lugares de importante tránsito de xente para levar a acción de sensibilización ao maior número de veciños.

Os actos proseguirán o sábado co coloquio: “Cancro hematolóxico: resolvendo dúbidas sobre a enfermidade”. Terá lugar, en horario de 11:30 a 13:00 horas, na reitoral de Celas de Peiro. O programa será o seguinte:

– 11:30 Inauguración a cargo de: José Ramón Rioboo, alcalde en funcións.
– 12:00 Coloquio

Condutor do coloquio:

– José Francisco Hurtado Durán, delegado na Coruña de Aeal

Participan non coloquio:

– Dr. Guillermo Debén Ariznavarreta, hematólogo do CHUAC

– Dr. Rubén Vázquez, hematólogo do CHUAC

– José María Freire, psicólogo colaborador de AEAL

13:00 Presentación de servizos de AEAL e GEPAC (Grupo español de pacientes con cancro)

Culleredo e AEAL colaboran no apoio psicosocial de persoas con calquera tipo de cancro e os seus familiares. Dende hai tres meses desenvolven grupos de apoio mutuo. Os grupos están dirixidos por un psicólogo especializado e reúnense todos os primeiros e terceiros xoves de mes no Centro de Servizos Sociais de Vilaboa.

Para participar nestes pódese contactar no teléfono de sanidade de Culleredo: 981 654 570 ou a través do correo electrónico fj.hurtado@aeal.es.

11 de setembro de 2013 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.