Cubela reúnese coa Mancomunidade de Montes de Cotobade
O alcade do Concello de Cotobade, Jorge Cubela mantivo unha reunión coa Mancomunidade de Montes de Cotobade para informarlles sobre a ORDE do 10 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007/2013
Neste sentido esta orde ten as seguintes liñas:
Liña I: primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo 1. Unicamente inclúese a subvención de especies do anexo 2 ás superficies que, conforme coas letras c, d, e e g do anexo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, quedan reducidas exclusivamente a frondosas caducifolias.
Liña II: primeira forestación de terras non agrícolas con castiñeiro para froito no ámbito xeográfico (anexo VIII) de produción da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia, que comprende a área do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopa delimitada ao oeste pola Dorsal Galega e pola Serra do Xistral cara ao norte, concretamente:
Provincia de Pontevedra: as comarcas do Deza e de Tabeirós-Terra de Montes, os concellos de Cotobade, A Lama e Campo Lameiro (comarca de Pontevedra) e o concello de Cuntis (comarca de Caldas).
Por outra banda, os día 3, 4, e 5 de setembro, vinte alumnos van a participar no curso de Retroexcavadora no edificio multiusos de Carballedo sendo as prácticas no entorno do campo de fútbol de As Extremas en horario de 16:00 a 20:00 h.











