Cortegada será a inspiración do I Encontro de Pintores do Parque Nacional das Illas Atlánticas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas organiza o I Encontro de Pintores “Lenzos de Natureza” co obxectivo de sensibilizar á poboación cara aos espazos naturais a través da arte pictórica. A iniciativa levará a 40 pintores a pasar unha xornada nas catro illas que conforman o Parque Nacional (Cortegada, Cíes, Ons e Sálvora) para elaboren unha pintura na que se plasme a beleza da illa.

Pintores afeccionados ou profesionais poderán participar no encontro, co único requisito de ter cumpridos os 16 anos. Disponse de 40 prazas, 10 para cada unha das catro illas do parque, e a xornada celebrarase o domingo 22 de setembro e será gratuíta. Os participantes serán trasladados á cada unha das illas dende os portos de Carril, Vigo, Bueu e Aguiño, ás 10 da mañá e o certame comezará ás 11 horas.

Os participantes terán como área de traballo na que inspirase todos os lugares de acceso público das illas. O estilo e técnica das obras serán libres sendo a temática a de “Lenzos de Natureza”. Os pintores deberán acudir provistos do seu propio material (soporte, óleos, acrílicos, disolventes, vernices, pinceis, cabaletes, etc…). Segundo se fixa nas bases, a obra presentarase nun soporte liso, limpo (sen tratamento ningún) e ríxido (lenzo ou calquera outro material) soportado cun bastidor. As medidas máximas do devandito soporte serán de 120 x 120 centímetros.

Os participantes disporán dende as 11 da mañá ata as 19 horas para completar as súas obras. As sete da tarde os pintores reuniranse para facer entrega das obras e compartir experiencias nun pequeno coloquio no que exporán as súas impresións e aportarán suxestións de cara a próximas edicións do Encontro. A organización proporcionaralles gratuitamente o traslado , comida e gorro para protexerse do sol.

As obras exporanse durante un mes no centro de Visitantes do Parque Nacional, logo do cal os autores poderán recuperar os trabalos ou doalos ao museo do Parque Illas Atlánticas.

Inscrición gratuíta e prazos

Os interesados deberán inscribirse cubrindo o formulario dispoñible no Centro de Visitantes do Parque Nacional (edificio Cambón, Vigo), no facebook “cambón illas atlánticas” ou no taboleiro de anuncios desta web, onde tamén se poden consultar as bases da convocatoria. O prazo de inscrición péchase o 2o de setembro, e dado o límite de prazas, estas cubriranse por orde de chegada. Para máis información, os interesados poden dirixirse por mail á dirección guiasveran@gmail.com

14 de setembro de 2013 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.