Corte de tráfico na calzada de San Pedro
A partir do vindeiro luns, 16 de setembro, con motivo das obras na rúa de San Pedro, cortarase ao tráfico a calzada de San Pedro, dende a rúa de Belvis ata a capela de San Pedro, permitíndose o acceso aos residentes desta rúa, así como aos garaxes. A saída farase pola mesma rúa en sentido inverso.
Os residentes da rúa de San Pedro, entre a cruz de San Pedro e a travesa de San Pedro, terán acceso dende a cruz cara a travesa, e a saída farase tamén pola mesma rúa en sentido inverso.
A duración deste corte será dunha semana.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.











