Corte ao tráfico da rúa Nova
Por mor da realización de obras de mantemento do lousado do Casco Histórico, dende o xoves 19 de setembro e ata novo aviso, permanecerá cortada ao tráfico a rúa Nova no tramo comprendido entre Tras Salomé e Xelmírez.
Os vehículos autorizados deberán acceder todos pola rúa do Cardeal Payá e, en Tras Salomé, xirar á esquerda e seguir pola rúa Nova en dirección ao Toural.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar











