Coren inaugura novas instalacións en Lugo

Inauguración das novas instalacións de Coren en Lugo
O Grupo Coren inaugurou as novas instalacións no municipio de Lugo. Estas novas instalacións acollerán a curación dun novo producto denominado Xamón Selecta, de porco alimentado con castañas.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, que asistiu ao acto, sinalou que “esta empresa debe ser o espello no que debemos mirarnos para que Galicia siga prosperando, especialmente a interior, non en contra de ninguén, pero si en paralelo coa Galicia Atlántica”. Ademais, felicitou ao Grupo Coren, “porque siguen traballando e avanzando a pesar das dificultades deste momento e seguen trraballando e apostando pola calidade”.
Ao acto de presentación deste novo produto tamén asistiron Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, os Concelleiros de Economía e Industria e de Medio Rural, Francisco Conde e Rosa Quintana, o delegado do Gobierno en Galicia, Samuel Juárez e o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entre outros.











