Convocatoria do I Concurso de Fotografía do Concello de Cambre 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+

Promover a participación da veciñanza a través da fotografía, co fin de difundir e poñer en valor o patrimonio natural ou o patrimonio histórico cambrés (inmobles e obxectos mobles de interés artístico, histórico, arqueolóxico, etnográfico, científico ou técnico) por medio da impresión dun calendario.

2.- PARTICIPANTES

Poderán participar de forma individual todas aquelas persoas, tanto fotógrafos profesionais, artistas ou afeccionados, que teñan interese en presentar as súas propostas. Só se admitira unha proposta por autor/a, que deberá conter 2 fotografías.

3.- TEMPORALIZACIÓN

O prazo de presentación de propostas iníciase a partir da publicación das bases na web do Concello e no BOP e finaliza o 22 de outubro de 2013.

23 de setembro de 2013 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.