Continúan a bo ritmo as obras do club de piragüismo de Catoira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoiraLocal
A-
A+

O alcalde de Catoira puido comprobar esta semana o avance das obras de rehabilitación e ampliación do edificio de deportes naúticos municipal, onde ten a súa sede o Club de Piragüismo As Torres-Romaría Vikinga.

A empresa adxudicataria comezou xa a demolición de tabiques no interior do edificio e o movemento de terras na parcela. As instalacións vanse acondicionar integramente, conservando carpintarías e cerramentos, pero renovando pavimentos e revestimentos de paredes. Os vestiarios, que estaban en moi mal estado, estanse demolendo para ampliar o volume inicial da antiga fábrica, mantendo o almacén de embarcacións e ampliándoo lixeiramente. Construiranse novos vestiarios na parcela e acondicionarase o ximnasio. Tamén está previsto eliminar a pequena construción auxiliar do norte da parcela.

O presuposto do proxecto ascende a 378.812,44 euros, que son financiados polo Concello de Catoira, que achega o 30% do importe (113.643,73 euros), e a Deputación de Pontevedra, que asume o 70% restante (265168,71 euros).

18 de setembro de 2013 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.