Condena do acto de violencia de xénero que acabou coa vida dunha muller en Verín
A Xunta de Galicia expresa a súa máis firme condena e repulsa polo acto de violencia de xénero ocorrido en Verín e que lle custou a vida a unha muller e polo que foi detido un home de 62 anos.
Filiberto dos Santos, natural de Brasil, presentouse o pasado venres no cuartel da Garda Civil de Verín para confesar o asesinato de María Fátima Machado Santos, a súa exparella de 53 anos. Esta é a segunda morte por violencia de xénero rexistrada este ano en Galicia.
O Goberno galego reitera o seu apoio ás vítimas deste tipo de actos violentos e pide a todas as galegas e galegos inconformismo para rebelarse contra esta repudiable lacra, considerada como un problema público e social de primeira magnitude; e apela á corresponsabilidade da toda a cidadanía para rematar con esta manifestación extrema de desigualdade que é a violencia de xénero.
Desde a Xunta de Galicia, lembrase que en novembro do ano pasado asinouse un convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, para a derivación automática das chamadas que se produzan ao 016 dende o ámbito territorial de Galicia ao teléfono 900 400 273 ou ao 112 se a usuaria precisa atención de emerxencia.
El detenido, natural de Brasil, acudió el pasado viernes al cuartel de la Guardia Civil de Verín para confesar el asesinato, después de que un familiar de la mujer hubiera hallado el cuerpo sin vida de María Fátima Machado Santos, de 53 años y ascendencia portuguesa.











