Concorrida romaría de Santa Eufemia na parroquia de Leira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+
Instante da procesión

Instante da procesión

En colaboración co Concello de Ordes a parroquia ordense de Leira celebrou hoxe a súa tradicional romaría na honra á súa patroa Santa Eufemia. Unha cita á que acudiron centos de veciños, veciñas e visitantes que en todo momento lle rendiron culto á imaxen desta santa así como á única reliquia dela que se pode atopar na contorna.

O programa arrancou cunha serie de misas cantadas para, posteriormente, ofrecer unha misa solemne ás 13.30 horas.  A sesión vermú veu da man da orquestra La Bámbola, que pola noite compartiu escenario co grupo Panamá.  Charangas e o grupo de música tradicional Embruxo de Leira, foron outros dos protagonistas no referente

á ambientación musical.

De cara a mañá martes novamente volverá haber misa solemne ás 13.30 horas. A música e a diversión volverán ser as protagonistas a mediodía cos ritmos orquestrais, que pola noite virán da man de Armonía Show e Combo Dominicano. Será a primeira vez que se poida ver a estas formacións canarias botar un pulso sobre un escenario galego.

16 de setembro de 2013 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.