publicidade hoxe

Concello e persoal asinan o convenio colectivo negociado co comité

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e a concelleira de Persoal, a tamén socialista Alma Barrón, asinaron esta mañá o convenio colectivo que foi negociado co comité de empresa. Por parte dos representantes dos traballadores (persoal laboral), foi o seu presidente, Oscar García Bello, de UGT, o encargado de plasmar a súa sinatura nun documento que, unha vez que sexa publicado polo Boletín Oficial da Provincia (BOP) –tarefa da que se encargará a Consellería de Traballo, á que agora remitirá o Concello dito convenio-, estará en vigor durante un ano prorrogable por anualidades de non existir denuncia por alguna das partes.

Como destacou o equipo de goberno, o convenio colectivo era un dos principais asuntos a resolver durante este mandato no que se refire ao eido laboral, en tanto en canto esta sinatura supón un paso adiante moi importante de cara a garantir a paz social no Consistorio durante os vindeiros anos.

Unha vez asinado o convenio colectivo, o seguinte paso será a redacción da Relación de Postos de Traballo (RPT), un documento moi importante de cara á racionalización e organización da plantilla municipal.

26 de setembro de 2013 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.