publicidade hoxe

Concello e CPI Progreso organizan unha charla sobre a transición de primaria a secundaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoira
A-
A+

O Concello de Catoira, coa colaboración do CPI Progreso de Catoira, organiza unha charla dirixida a pais e nais de estudantes de 1º de ESO, co fin de informalos sobre os cambios que se producen nesta nova etapa do ensino e cómo afrontalos.

A transición da Educación Primaria á Secundaria comporta para o alumnado unha serie de cambios no proceso de ensino-aprendizaxe que, ademais, coinciden cos cambios propios da puberdade-adolescencia. Esta situación pode xerar certa desorientación se se produce de forma rápida, sen que se interioricen os cambios, e derivar nunha situación de risco, que se adoita traducir en perda dos niveis de rendemento escolar, perda de seguridade e autoestima, dificultades de adaptación á nova etapa escolar e nas relacións persoais, tanto cos compañeiros como co profesorado.

Ademais do importante labor dos profesores e titores, é fundamental a implicación dos pais e nais, xa que a colaboración entre familia e escola é esencial para acadar os mellores resultados académicos e persoais.

Para falar sobre estes asuntos, convócase ós pais e nais dos alumnos/as o mércores 2 de outubro ás 19:30 h no Edificio Multiusos.

30 de setembro de 2013 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.