Comezan os ensaios para a pasarela de moda do comercio do Morrazo
Continúase coa organización da segunda edición da Pasarela de Moda do Comercio do Morrazo – AMODIÑA-. Esta tarde terán lugar dous ensaios na planta superior da Praza de Abastos de Moaña, aos que están convocados os modelos non profesionais.
Ás 18:30 será o ensaio dos/as modelos infantís, os 55 nenos e nenas escollidos no cásting do pasado dia 5 de setembro.
Ás 20:30h están convocadas as 8 modelos de tallas grandes, tamén non profesionais, que este ano terán o seu espazo na pasarela.
Ambos grupos terán que seguir as ordes do director da Agencia Luena, que é a empresa encargada da escenografía e as coreografias que se organizarán en cada pase.
A plantilla complétase com 24 modelos profesionais de dita axencia. Este evento, que presentará as novas tendencias da tempada Outono-Inverno de 36 empresas do Morrazo, estará conducido por Yolanda Vázquez, coñecida presentadora de televisión tanto a nível autonómico como nacional e que actualmente traballa como colaboradora do programa “A TARDE” da Radio Galega.











