Comezan as tarefas de mellora do vial de Nostián

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Infraestruturas, empeza mañá, martes 1 de outubro, as obras de mellora do vial de Nostián. O departamento municipal que dirixe Martín Fernández Prado inviste 36.896 euros para pavimentar esta estrada con lastras e realizar as canalizacións de pluviais.

O novo proxecto en Nostián supón a remodelación de 380 metros cadrados de vía. As obras inclúen a demolición do pavimento existente, a execución de sumidoiros conectados aos pozos da rede de saneamento, a canalización de canalización para augas pluviais e recollida de baixantes, e a pavimentación a base de lastra. Ademais, a área de Infraestructuras aproveitará para a limpeza e restauración da fonte e o lavadoiro existente.

30 de setembro de 2013 | 12:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.