Comezan as obras de mellora no colexio público San Isidro de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, mantivo unha xuntanza de traballo coa directora do colexio público San Isidro, Mª Carme Novo, e membros da dirección para abordar as necesidades do centro educativo. Na mesma, o rexedor comprometeuse a dar resposta á maioría das actuacións expostas con cargo ao orzamento municipal, así como a recabar o apoio económico da Consellería de Educación para afrontar algunhas peticións de maior calado. Un apoio que Ignacio Cabezón confía se faga efectivo en base á receptividade amosada nos últimos tempos polo departamento autonómico respecto ás demandas de Neda e que, en concreto, se traducía o pasado curso nunha inversión superior aos 30.000 euros para a mellora do sistema eléctrico do colexio San Isidro.

Así as cousas, e no marco das melloras previstas polo Concello, o alcalde anunciou que dotará o parque infantil de novos xogos, se procederá á limpeza do patio exterior e cambiará o areeiro. Así mesmo, o Concello ten previsto reparar a cuberta do patio do centro e realizar obras de climatización. Na mesma liña, dotaráse ao centro de deshumidificadores e sustituiránse os cristais en mal estado.

Ademáis, co ánimo de reforzar a seguridade de peatóns e conductores mellorando a súa visibilidade, o Concello instalará un espello no acceso ao centro educativo dende a Avenida de Alxeciras. Actuacións, todas elas, que a Administración local iniciará proximamente.

9 de setembro de 2013 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.