Comeza unha nova edición dos obradoiros para mulleres embarazadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

Unhas 50 mulleres participarán desde esta tarde nos cursos que ofrece a Concellería de Saúde para mulleres embarazadas a partir do terceiro trimestre: pilates, ioga e actividades acuáticas. A concelleira de Saúde, Marga Martín, asistirá esta tarde ao inicio dun dos cursos, a partir das 19:10 no Centro de Promoción da Saúde, na rúa Vasco da Ponte nº 1.

Os horarios e días dos cursos son os seguintes:

– Pilates para embarazadas: luns e mércores de 11 a 12 h.

– Ioga para embarazadas: luns e mércores de 18 a 19 h. ou de 19 a 20 h.

– Actividades acuáticas para embarazadas: martes e xoves de 10:15 a 11 h. (no Pavillón dos Remedios)

Tódalas interesadas que o desexen, poden formalizar a súa inscrición nestes cursos, que se prolongarán ata o mes de xuño. Os únicos requisitos para inscribirse son estar empadroada en Ourense e atoparse no terceiro trimestre do embarazo.

Máis información e inscricións na Concellería de Saúde, na rúa Concordia nº 20 entrechán, cubrindo a ficha de solicitude.

Punto de lactancia materna

O punto de atención de lactancia materna continúa aberto ó longo de todo o ano e ten como destinatarias principais a xestantes, familias con bebés, axentes de saúde e á poboación en xeral. Todas as consultas se realizan en horario de mañá na concellería de Sanidade da Escola Municipal de Saúde, rúa da Concordia.

23 de setembro de 2013 | 12:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.