Comeza o programa “Mencer na Escola”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasLocal
A-
A+

Un ano máis, o programa “Mencer na Escola”, no que traballan en conxunto o Concello de Cabanas e a ANPA “O Castiñeiro” levarase a cabo durante o curso escolar, en colaboración co Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Trátase este dun programa dirixido ó alumnado de educación infantil e primaria do CEIP Eladia Mariño, que se desenvolverá durante todas as mañás lectivas desde as 07:30 horas ás 9:30 horas.

O obxectivo que se persegue co mesmo é o de posibilitar na medida do posible a conciliación da vida familiar, persoal e laboral, destinado principalmente a aquelas familias que non poden contar con outros recursos da rede social o u non lles é práctica a aplicación das medidas legais destinadas á conciliación laboral e familiar.

O programa deu comezo co inicio do curso escolar, o pasado 12 de setembro, pero aquelas persoas interesadas en participar no mesmo inda poden facer a súa inscrición mentres existan prazas libres. Para poder inscribirse neste programa terán que chamar ó teléfono 636 141 474. Para calquera dúbida ou aclaración poderán poñerse en contacto co departamento de Servizos Sociais a través do número 981 49 59 59 (ext. 2).

25 de setembro de 2013 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.