Comeza o prazo de inscrición para as escolas de teatro, de música e do coro infantil
A Escola Municipal de Teatro, o Coro Infantil de Tomiño e a Escola de Música da Agrupación M. de Goián, veñen de abrir o seu prazo de inscrición para o curso 2013-2014.
Na Escola Municipal de Teatro, as clases e ensaios serán os días luns, de 16.00 a 17.30 hs. (para nenos e nenas de 4 a 8 anos); e os días martes, no mesmo horario (nenos e nenas de 9 a 14 anos). O prezo da actividade é de 10 euros ao mes.
A Escola de Música imparte as súas clases tamén no Auditorio de Goián. “Xardín Musical 3 anos”, sábados de 10.00 a 11.00 hs. Prezo 17 euros ao mes. “Música e Movemento”, grupo 1 (de 4 a 5 anos) e grupo 2 (de 6 a 7 anos), dous días á semana. Prezo de 20 euros ao mes.
No caso do Coro Infantil, as clases e ensaios serán na Casa da Cultura, os martes, de 17.00 a 18.30 hs. cun prezo de 5 euros por mes.
As persoas interesadas poden facer a súa inscrición na Casa do Concello (Praza do Seixo) ata o día 11 de outubro de 2013. Para máis información, chamar ao número 986 622 001/03.











