Comeza a tempada de bailes para maiores nos centros cívicos municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A concellería de Servizos Sociais, que dirixe Miguel Lorenzo, pon en marcha unha nova edición da actividade de bailes para maiores nos Centros Cívicos Municipais. A tempada de outono/inverno, que incluirá 80 bailes, arrincará este luns, 23 de setembro, e finalizará o vindeiro domingo, 15 de decembro. Ademais, o 6 de outubro, para inaugurar a tempada, realizarase un baile extraordinario para todos os usuarios no hotel Hesperia Finisterre.

Os bailes de outono celebraranse durante os meses de outubro, novembro e decembro. Terán carácter semanal e a súa distribución será:
– Luns: CCM Monelos.
– Martes: CCM Labañou.
– Mércores: Opcional Vos Rosales/A Silva.
– Xoves: CCM Castrillón /Eirís (alternando cada semana nun centro).
– Venres: CCM VOS Mallos.
– Sábado: CCM San Diego.
– Domingo: CCM Monte Alto.
Os bailes, que se desenvolverán nun horario entre as 17.00 e as 20.30 horas, inscríbense dentro das accións dirixidas ao fomento dun envejecimiento activo, cuxo fin consiste, primordialmente, en proporcionar un espazo de lecer e tempo libre que sirva, ademais, de espazo de comunicación, relación interpersonal e entretenimiento das persoas participantes.

23 de setembro de 2013 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.