Comeza a limpeza dos 500 contedores verdes instalados no municipio de Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia continúa coas tarefas de limpeza e desinfección dos contedores de lixo orgánico do municipio, co obxectivo de garantir as esixencias de hixiene e evitar que desprendan malos olores.

Ribadumia conta cun total de 500 contedores repartidos polos diferentes lugares das seis parroquias do concello, o que facilita de xeito importante que os veciños fagan a separación de residuos. Pero o máis importante, segundo explica a alcaldesa Salomé Peña “é que seguimos traballando de xeito importante no tema da calidade”. Para garantir a máxima calidade na reciclaxe, é importante que as persoas teñan claro que tipo de refugallo hai que depositar en cada contedor de recollida selectiva. No caso do verde, os residuos que se deben depositar son os orgánicos, o que non inclue os restos da poda e explotacións agrícola que irían o punto limpo.

Numerosos puntos de reciclaxe

Desde o Concello de Ribadumia recórdase aos usuarios que dispoñen de numerosos contedores de lixo para cartón, plástico, aceite ou vidro dispersos polas diferentes parroquias, sendo moi importante a súa utilización tanto para protexer o medio ambiente como á hora de reducir as taxas que o concello paga por transportar o lixo á ecoplanta, xa que o que máis pesa nos residuos sólidos urbanos son o plástico, o cartón mollado e o vidro. Todos estes contedores refórzanse ademais co Punto Limpo de Leiro no que os particulares poden deixar numerosos enseres, desde mobles ata aceites, alóxenos…

25 de setembro de 2013 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.