publicidade hoxe

Clausurado en Xove o I torneo de padel San Bartolo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalXove
A-
A+
Un dos partido do torneo de pádel

Un dos partido do torneo de pádel

Hai uns días clausurouse o Iº Torneo de Padel San Bartolo en Xove. Este Torneo, que estaba indicado para promocionar o padel no noso Concello, contou coa participación de 60 parellas que se disputaron o título ao longo de 2 semanas de competición. A organización e patrocinio deste evento correo a cargo da Concellería de Deportes do Concello de Xove, contándose para esta primeira edición coa colaboración das empresas NOX e +PADEL. En canto á coordinación organizativa e técnica do Torneo estivo a cargo de Jacobo Gradaille.

As parellas que sairon victoriosas, foron:

-1ª categoría masculina : Impúxose a parella  xovense formada por Juchi-Borja a Luismi-Jesús 6-2/6-0.

-1ªcategoría femenina : Impúxose a  parella xovense formada por Tatiana-Elia a Lara-Gemma por un tanteador de 6-3/6-0.

-Categoría Mixta : Nesta categoría gañaron os xovenses Marcelo Gradaílle-Tatiana Durán a Jacobo Gradaílle-Elia por un resultado de 6-4/6-4.

-2ªcategoría masculina : Gañou a parella  vivariense formada por Pablo-Pino aos xogadores  de Ribadeo Suso Novo-Jose Carvajales por un resultado de 6-0/6-3.

-2ª categoría femenina : Ganó la pareja vivariense formada por Mariana-Noelia a Berta-Inés por un resultado de 6-4/6-4.

Rematado o Torneo, salientamos  unha gran participación con 60 parellas, que son moitas para tratarse dunha primeira edición; outro aspecto a destacar foi o gran ambiente reinante durante toda a competición, sinalado por tódolos participantes, moitos dos cales xa lle pediron á organización a celebración dunha nova edición.

13 de setembro de 2013 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.