Cervo informa da prohibición da actividade náutica e acuática en augas próximas ao polígono de Cuíña durante a preamar do luns 23

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaCervoLocalLocal PortadaLugo
A-
A+

O Concello de Cervo vén de recibir un aviso de Capitanía Marítima de Burela no que se informa de que o próximo luns día 23 de setembro, durante a preamar da tarde, realizaranse voladuras subacuáticas en augas próximas ao polígono de Cuíña. A empresa Marcor Xove efectuará as voladuras, necesarias para a continuación das obras do emisario submarino para o saneamento de San Ciprián que financia a Xunta de Galicia.

Así, e por motivos de seguridade, Capitanía Marítima de Burela prohibe o baño, a navegación, a pesca submarina, a inmersión ou calquera outra actividade náutica nun radio de “500 metros ao redor do punto de traballo, situado a uns 290 metros da liña do deslinde marítimo-terrestre, ao norte da empresa Acuidoro, no polígono industrial” tal e como di literalmente o comunicado remitido.

Un texto que Capitanía Marítima enviou a numerosas institucións, organismos e entidades implicadas, moitas delas de carácter marítimo-pesqueiro, para facilitar o xeral  coñecemento desta información.

21 de setembro de 2013 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.