Cedeira promove unha excursión para os maiores ás festas de San Froilán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal
A-
A+

O Concello de Cedeira invita os maiores do municipio a participar nunha nova excursión. Nesta ocasión e dadas as datas, a viaxe organizada terá destino próximo: a cidade de Lugo, que vivirá en escasas semanas as festas de San Froilán. Así, a excursión está prevista para o sábado 5 de outubro, aínda que as persoas interesadas en participar deben reservar a súa praza previamente chamando ao teléfono 650 779 862. O custo da excursión é de 30 euros e inclúe os desprazamentos en autocar, comida no restaurante do Grande Hotel de Lugo a base de calos, carne asada, torta de Santiago e café, e unha visita á cidade.

Os autocares partirán ás 10 horas da parada situada nas inmediacións da cafetaría Plaza, agás para os residentes nas parroquias, que deberán esperar ao autobús nas súas paradas habituais unha hora antes, ás 9. Así mesmo, o regreso está previsto para as 23,30 horas. Por último, o Concello anima os maiores a participar nesta actividade, que forma parte dun calendario estable de excursións para o colectivo da Terceira Idade.

18 de setembro de 2013 | 11:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.