Cedeira executa tarefas de acondicionamento na Escola Infantil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal
A-
A+
Tarefas de pintado nas instalacións

Tarefas de pintado nas instalacións

O Concello de Cedeira iniciou a pasada semana obras de mellora no inmoble e recinto exterior da Escola Infantil Municipal. Uns traballos que levan a cabo operarios da Concellaría de Servizos co obxectivo de que o centro inicie o curso escolar en perfecto estado de revista. Así, as tarefas a desenvolver inclúen o pintado de todas as aulas da escola, así como o do muro que rodea as instalacións e o enreixado. Outros traballos en execución son a reparación do chan na zona de xogos, situada no patio.

Os operarios municipais tamén se encargan de colocar estantes e un novo vertedeiro na cociña, así como de reparar algunha cisterna en mal uso nos servizos. Co ánimo de dar solución ao problema das humedades, os traballos tamén inclúen tarefas de reparación do tellado do inmoble. Por último, as tarefas complétanse co arranxo de manubrios e tapas de radiadores en mal estado. Unha relación de deficiencias a emendar que o Concello prevé estean resoltas esta mesma semana. De feito, o Concello explica que os traballos se realizan nestes momentos debido a que é a época na que o centro permanece sen actividade.

2 de setembro de 2013 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.