Cedeira acondiciona a praza da Rectoral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal
A-
A+

O Concello de Cedeira iniciou a semana pasada traballos de mellora na praza da Rectoral, en pleno casco vello da vila. Nestes, unha cuadrilla composta por dous operarios realiza traballos de acondicionamento e pintado en diferente mobiliario urbano como o peche perimetral de ferro forxado, os báculos de luz ou o palco da música. O obxectivo é eliminar o óxido do mobiliario urbano e mellorar a estética da zona, unha área de estanza dada frecuentada polos veciños a súa centraliade e proximidade á Biblioteca Municipal. Os traballos están presupostados en 7.000 euros e prevese a súa conclusión nas próximas dúas semanas.

Estas tarefas dan continuidade ás realizadas noutros espazos públicos. O máis recente, o inmoble e patio exterior da Escola Infantil Municipal, onde se levaron a cabo obras de mellora para dar resposta ás deficiencias que presentaba a infraestrutura.

27 de setembro de 2013 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.