publicidade hoxe

Catalmibre e o Concello de Culleredo propoñen un festival de folk e unha romaría para a fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCulleredoLocal
A-
A+

O paseo marítimo do Burgo será escenario este venres, día 13, e o sábado 14, do festival-romaxe que organiza a agrupación Catalmibre Tradicional, que celebra o seu X aniversario, en colaboración co Concello de Culleredo. Unha proposta de música e de encontro entre amigos e familias nunha paraxe ideal.

O evento comezará o venres ás 21.00 horas co festival folk. O cartel componse de catro grupos: Mini e Mero da Quenlla, Leirabuxo, Os Milesiáns, e Samarúas. O festival será o apertivo da gran romaxe do sábado, que se desenvolverá a partir de as 13.00 horas. As agrupacións Chorima, de Rois, Andaina, de León, e Catalmibre, de Culleredo encabezarán as actuacións. Pero a participación dos asistentes é o que busca Catalmibre e a Concellaría de Cultura cullerdense. Así, o público está invitado a levar o seu instrumento e subir a tocar ao longo da xornada.

E como se trata dunha romaxe, o Concello insta os asistentes a levar a súa comida e aproveitar o ámbito natural xunto á ría (o evento ten lugar na zona arborada fronte a La Cros) ou a gozar do churrasco do bochinche, a 6 euros a porción con pan e viño. As canas e licores do país, así como a larpeira, estarán a 1 euro durante todo o fin de semana.

Con todo, a idea consiste en que a gaite, a percusión, o canto e o baile inunden o sábado xunto á ría. A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, anima os veciños a formar parte deste festival-romaxe tan propio de Galicia e nun espazo tan axeitado como o paseo.

11 de setembro de 2013 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.