Cándido Carreira logra a vitoria no Rally Príncipe de Asturias na Copa de Europa FIA

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocalSalvaterra de Miño
A-
A+
O vehículo de Cándido tras proclamarse campión

O vehículo de Cándido tras proclamarse campión

Non hai mellor xeito de chegar a unha cita importante do Mundial de Rallys que facelo cunha conduntente vitoria. E iso é o que fixo o copiloto de Salvaterra de Miño, Cándido Carreira, xa que logrou unha fantástica vitoria no Rally Príncipe de Asturias na Copa de Europa FIA.

Ademais, Cándido e o seu piloto José Antonio eran sextos absolutos na clasificación do Campionato de España, impoñéndose con ampla vantaxe no grupo R2 e subindo tamén ao podio da categoría de Dúas Rodas Motoras, na que situaban o seu Ford Fiesta R2 na terceira praza.

Toda unha espectacular colleita de éxitos que non era senón o xusto premio ao magnífico rally levado a cabo pola moza parella que se confirman en cada proba do nacional como a máis firme promesa dos rallys españois.

17 de setembro de 2013 | 10:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.