Campaña informativa de autoprotección para a tirada de fogos artificiais
A Policía Local do carballiño está a realizar unha campaña informativa, en todas as vivendas próximas á zona da Veracruz, e que están incluídas no perímetro de seguridade para a tirada de fogos artificiais. Os axentes están a entregar aos veciños, propietarios, presidentes de comunidades, e colocan en cada portal, un anuncio para que se tomen as medidas de autoprotección para estas actividades.
As medidas son moi sinxelas, xa que o perigo é mínimo, pero se pretende evitar calquera accidente. Entre estas medidas están as de permanecer coas ventás e balcóns pechados, para evitar que unha posible faísca poida prender lume, ou retirar obxectos que poidan arder desas mesmas zonas e das terrazas.
As tiradas de fogos nas festas patronais serán o día 17 de setembro, unha ás 00,15 horas e ás 23,59 horas.
Estas medidas adóptanse nestas tiradas de lumes das festas, e non se fixo o mesmo na realizada na Festa do Pulpo, porque nas patronais a potencia dos fogos é superior, e polo tanto o perímetro é maior que na tirada da Festa do Pulpo, onde non foi necesario avisar os veciños dese barrio.











