Campaña de recollida de roupa en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+

O Concello da Laracha lembra que, en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia, desenvolven no noso municipio unha campaña continuada de recollida de roupa usada que, posteriormente, se distribúe entre familias de toda Galicia con baixos recursos económicos.

Todas as persoas que dispoñan de roupa usada (de vestir ou tamén roupa de cama, como sabas, colchas ou mantas) e desexen desfacerse dela, poden doala e participar nesta iniciativa solidaria en beneficio de persoas desfavorecidas tanto do termo municipal da Laracha como doutros concellos de toda Galicia.

Os lugares habilitados para depositar o material que se desexa doar son:

– Novo edificio para uso administrativo (número 60 da Avenida Finisterre, moi preto da praza do Concello) de 9 a 14 horas.

– Edificio de servizos múltiples: de 11 a 13  horas pola mañá e de 15.30 a 20 hora pola tarde.

Salientar que a doazón de roupa usada pode realizarse durante todo o ano e que non é necesario chamar previamente a ningún número de teléfono.

13 de setembro de 2013 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.