Cambios na circulación por obras viarias
A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa de cambios de circulación que se producirán nos dous próximos días na cidade.
– A reposición de asfalto na zona de canalización na rúa Feáns, en dirección ao cemiterio, provocará o corte do carril dereito, controlado con semáforo, así como con sinais na proximidade do cruzamento. Os traballos desenvolveranse mañá, venres 6 de setembro, entre as 09.00 e as 20.00 horas.
– Con motivo das obras de colocación dunha mediana na avenida de Alfonso Molina producirase mañá, venres 6 de setembro, o corte total do carril esquerdo, en dirección saída da cidade, entre as 10.00 e as 11.30 horas. Quedará libre o carril dereito.
– A reparación dun tramo de beirarrúa no viaduto de Alfonso Molina en sentido entrada á cidade, dende o instituto Fernando Wirtz ata a avenida, obrigará a ocupar o carril dereito, quedando libres dous carrís. As obras executaranse o sábado, 7 de setembro, en horario de 08.00 a 20.00 horas.











