Cambios na circulación por obras de remodelación na rúa Cuba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios na circulación que se producirán con motivo das obras de remodelación da rúa Cuba dende mañá, xoves 19 de setembro, ata o 31 de outubro en horario de 08.00 a 20.00 horas. A incidencia afectará ás seguintes vías:

-Rúa Cuba: corte total entre a rúa Bellavista e a rúa Pascual Veiga, manténdose acceso a garaxes, accesos peonís valados e sinalización de itinerarios alternativos.

-Rúa Bellavista: ocupación parcial, manténdose un carril de circulación e itinerarios peonís.

-Rúa Pascual Veiga: ocupación parcial, manténdose un carril de circulación e itinerarios peonís.

18 de setembro de 2013 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.