Cambios na circulación por melloras viarias
A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa de cambios de circulación que se producirán a partir do próximo luns, día 9 de setembro, na cidade.
– En horario de 08.30 a 19.00 horas, con motivo das obras de canalización dunha liña de alta tensión, verase afectada a avenida García Sabell (estrada de Pocomaco). En concreto, o luns, 9 de setembro, cortarase o carril esquerdo en sentido Matogrande á altura da glorieta sobre a avenida da Universidade, quedando libre o carril dereito.
– Con motivo das obras de conexión do cableado de Fenosa verase afectada a avenida de Joaquín Planells, á altura do número 58. En concreto, entre o luns 9 e o sábado 14 de setembro, en horario de 08.00 a 21.00 horas, realizarase unha ocupación parcial do carril de tráfico rodado e aparcadoiros, manténdose libre un carril de circulación para cada sentido.
– Con motivo das obras de apertura de cámaras de tendido de rede eléctrica, procederase á ocupación de carril nas seguintes rúas, dándose tráfico alternativo e informando diso con sinais:
> Vial de enlace entre Campus en horario de 08.30 a 09.30 horas.
> Enrique Mariñas, á altura do hotel AC, en horario de 09.30 a 10.30 horas.
> Sebastián Martínez Risco, á altura da residencia, en horario de 10.30 a 11.30 horas.











