Cambios na circulación polas obras do Ministerio de Fomento en Lonzas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios na circulación que se producirán a partir de mañá, luns 16 de setembro, ás 23.30 horas, con motivo das obras do Ministerio de Fomento na Terceira Rolda, á altura do cruzamento de Lonzas.

A previsión é que estes cambios na circulación conclúan arredor do 21 de febreiro do próximo ano. O tráfico da avenida de San Cristóbal desviarase cara ao polígono da Grela polo paso inferior, o que supoñerá:

– Corte da avida Salgado Torres na súa confluencia con San Cristóbal, desviándose o tráfico en dirección saída da cidade a través de Joaquín Planells.

– Supresión do xiro á dereita dende San Cristóbal cara a Salgado Torres (sentido entrada á cidade). A alternativa ao tráfico será por Pablo Picasso.

– Supresión do xiro á dereita dende Pablo Picasso a San Cristóbal, desviándose o tráfico a través de Pablo Picasso cara a Casares Quiroga e Xeneral Rubín.

Estes desvíos na circulación implican tamén cambios nas liñas de autobús urbano 21, 23 e 23-A. O seu itinerario habitual por avenida de Glasgow – San Cristóbal – Salgado Torres – Ramón e Cajalserá durante os próximos mesesporla avenida de Glasgow – Pablo Picasso – Casares Quiroga – Xeneral Rubín – Salgado Torres – Ramón e Cajal. Por este motivo, suprímense dúas paradas de bus situadas en Salgado Torres, manténdose unicamente nesta rúa a que está situada á altura da entrada ao túnel. As paradas de bus alternativas serán as xa existentes en Pablo Picasso.

15 de setembro de 2013 | 12:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.