Cambios de circulación por obras na rúa Nova e na rúa da Torre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios de circulación que se producirán en diferentes rúas da cidade durante a próxima semana con motivo das obras de insonorización de tapas de rexistro:

– Dende o luns, 16 de setembro, ata o martes, día 17, cortarase ao tráfico Rúa Nueva, dende o Obelisco a San Andrés. A alternativa será ir pola avenida da Mariña cara a Porta Real, ou ben realizar un cambio de sentido cara a Juana de Vega. As obras realizaranse en horario nocturno, entre as 23.30 e as 07.00 horas.

– Dende o mércores, 18 de setembro, ao venres, día 20, eliminarase o aparcadoiro de ORA para utilizalo como carril de circulación na rúa da Torre, entre o cruzamento con Marconi e a glorieta da praza de España. Os traballos executaranse durante os tres días en horario continuo, de 08.00 a 19.00 horas.

14 de setembro de 2013 | 12:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.