Bautismo de surf para nenos das escolas deportivas pontevedresas

Participantes no bautismo de surf
Esta fin de semana case douscentos rapaces e rapazas das Escolas Deportivas de Balonmán da Deputación Provincial fixeron o seu “bautismo de surf”, con motivo do Surf Rías Baixas Pro (Campionato de Europa xúnior), que se está a celebrar en Galicia (Oia e Lanzada).
s rapaces viviron dúas xornadas moi especiais, nas que coñeceron un novo deporte grazas as clases recibidas e ademais organizaron partidos de balonmán praia na área, polo que houbo un intercambio de experiencias entre os participantes de ambos deportes. Os deportistas das Escolas (pertencentes aos clubs Seis do Nadal, Carballal, Teucro, Rasoeiro, Asmubal, Chapela, Tui e Cangas) recibiron una clase teórica e posteriormente saíron á auga coa tabla e un traxe de neopreno. Foi una grande experiencia para estos nenos e nenas das categorías alevín, infantil e cadete, que puideron aprender moito nestes dous días de convivencia. Dende a Federación Galega de Balonmán queremos agradecer a colaboración dos clubs nesta actividade, promovida pola Deputación Provincial e o Concello de O Grove.











