publicidade hoxe

Baixa participación na elección dos festivos locais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisLocal
A-
A+

O 5,85 % dos veciños do Concello de Curtis participou na consulta popular que realizou o Goberno Local para a elección dos festivos locais do ano 2014.

Os 239 votos recibidos reflicten os seguintes resultados:

4 de marzo (martes de carnaval) 184 votos; 16 de marzo 1 voto; 19 de marzo (San José) 118 votos; luns de pascua 2 votos; 2 de maio 1 voto; 16 de maio 1 voto; 24 de maio 1 voto; 24 de xuño (San Juan) 4 votos; 2 de agosto 1 voto; 6 de agosto 1 voto; martes dá festa de Curtis 6 votos; 8 de setembro (Nosa Señora dos Remedios) 149 votos; 9 de setembro 4 votos; 3 de outubro 1 voto; 10 de outubro 1 voto; 13 de outubro 1 voto; 27 de novembro 1 voto; 10 de decembro (Santa Eulalia) 2 votos

Os dous días máis votados resultaron o 4 de marzo e o 8 de setembro.

Finalmente o Goberno Local propoñerá no próximo pleno ordinario de outubro a proposta para a súa aprobación, cumprindo así o compromiso adquirido cos veciños.
O Goberno Local puxo en marcha esta iniciativa de participación cidadá por medio da consulta debido ao malestar mostrado por algúns sectores da poboación, que unha vez realizada esta demostrou que a preocupación vecinal era moi baixa.

27 de setembro de 2013 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.