Baiona goza das habilidades dos mellores pilotos de Trial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaDeportesDeportes PortadaLocal
A-
A+
Toni Bou durante a proba

Toni Bou durante a proba

As categorías TR1, TR2, TR3, TR4, Júnior e Cadete participaron nunha cita máis do seu calendario de carreiras. Ante a atenta mirada dun numeroso público, os pilotos competeron de xeito espectacular e fixeron vibrar á afección congregada nas 12 zonas preparadas pola organización. As primeiras eran bastante técnicas e húmidas mentres que as últimas menos complicadas e secas co avance do día.

O Trial foi levado a cabo pola Pena Moteiros ValMiñor cuxo presidente, José Durán, estaba moi contento á finalización deste, ao igual que a propia Federación Galega de Motociclismo: “Despois dunha semana de duro traballo para montar a carreira coas inclemencias meteorolóxicas sufridas, a satisfacción de ver tanto público gozar deste magnífico espectáculo é moi gratificante. Só quero agradecer aos nosos socios, colaboradores, amigos, patrocinadores e autoridades a axuda que nos prestaron, e espero que os pilotos gozasen tanto como o público”.

En TR1 Toni Bou levouse achegando a vitoria moito ao título de campión. Só con 4 puntos na última cita do ano lograríao. Con el estiveron no podio Jeroni Fajardo e Adam Raga. En TR2 Jaime Busto gañou con 25 puntos, seguido de Oriol Noguera (26) e de Miguel Gelabert (54).

Marc Horrach foi o vencedor de TR3. Sumou 23 fronte aos 36 de Adrián Artidiello e de Rafa Latorre. En TR4 Jesús Fuentes, Rubén García e Roberto Bautista subiron ao podio por esta orde en Pontevedra. En Júnior Nacho Fernández-Sancho só ten sumado7 penalizacións que o levaron directo ao primeiro chanzo de honra. Arnau Farré e Marc Riba foron segundo e terceiro, respectivamente. Por último en Cadete Gabriel Marcelli, Gabriel Giro e Sergi Farrés clasificáronse como os mellores.

O 27 de outubro celebrarase unha nova proba do CET coas categorías TR3, TR4, Júnior, Cadete, Xuvenil e Feminino en Cabanillas de la Sierra, Madrid, da man do Motoclub Moberss.

29 de setembro de 2013 | 23:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.