publicidade hoxe

Asemares organiza unha nova edición do Entroido do Verán en Ares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresCalendarioLocal
A-
A+

A Asociación de Empresarios de Ares (Asemares), coa colaboración do Concello, organiza unha festa de Entroido de Verán, que se desenvolverá o vindeiro día 21 do presente mes de setembro.

Dende a entidade informan de que as persoas que queiran participar nesta iniciativa, que comezará ás sete da tarde desa xornada do 21 (sábado), deberán recoller en calquera dos establecementos participantes unha cartiña, que selarán nun mínimo de locais. En cada un deles, cada participante recibirá una puntuación ao disfraz que leve e, deste xeito, as persoas que rexistren de media as mellores valoracións serán as que resulten premiadas. Ditos premios serán en metálico, segundo indicaron dende Asemares.

A asociación fai un chamamento á participación da cidadanía nesta divertida iniciativa, coa que en Ares adiántanse uns meses ao Entroido.                      

9 de setembro de 2013 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.