publicidade hoxe

ASEM e Culleredo forman sobre a vida independente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

O Concello de Culleredo e a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM) traballan de forma conxunta buscando un apoio para as persoas en situación de dependencia. Ambas as dúas institucións asinaron en 2012 un convenio para a formación, tanto de dependentes coma de familiares e profesionais, en hábitos, técnicas ou recursos que poidan mellorar a súa autonomía e favorezan os labores de coidado.

Con esta finalidade, a Concellaría de Sanidade, que dirixe Penélope López, e ASEM desenvolven o I Ciclo Formativo Sociosanitario no municipio. Este mes terá lugar a segunda xornada deste ciclo, que versará sobre “As salas Snoezelen, un mundo para a estimulación multisensorial”.

Celebrarase este venres, 20 de setembro, no Pazo de Villa Melania (Vilaboa). A xornada desenvolverase en horario de 16.30 a 18.00 horas. Esta formación será impartida por dúas terapeutas ocupacionais especializadas na materia: Yolanda Vizcaya e Candela Presedo. A Concellaría de Sanidade cullerdense anima os posibles destinatarios do ciclo a acudir á interesantes xornada, que busca dar a coñecer un recurso de axuda para as persoas en situación de dependencia.

18 de setembro de 2013 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.