As xornadas de coaching “Camiñando Xuntos” convertirá a Santiago en referente do intercambio de talento
As Xornadas Internacionais de Coaching (XIC) celebra os días 18 e 19 de outubro en Santiago de Compostela a súa V edición baixo o lema “Camiñando Xuntos”. Este ano, ademais, o evento acollerá o Congreso internacional de International Coaching Community (ICC), que se celebrou xa en cidades como Londres, Sao Paolo, Bogotá e Lisboa. International Coaching Community (ICC) é unha das principais organizacións de Coaching do mundo, despois de formar a máis de 8.000 coaches en 60 países.
De novo Santiago de Compostela será o lugar de peregrinación do coñecemento, a colaboración e o entusiasmo, convertendo a esta cidade nun verdadeiro referente de intercambio de talento e experiencias. Máis de 300 persoas de todos os continentes asistan a esta edición, que a converterán nun referente mundial para experimentar o desenvolvemento persoal e aprendizaxe, coa poderosa ferramenta do coaching.
Esta edición contará cun aliciente especial: o percorrido de varias etapas do Camiño de Santiago nos días previos ao Congreso.











