As obras de soterramento dunha liña de alta tensión en Goián quedou rematada
Rematáronse as obras para o soterramento dunha liña de alta tensión na parroquia de Goián, no Concello de Tomiño, As obras realizáronse tras alcanzar un acordo coa compañía Unión Fenosa, a que iniciará en breve a instalación eléctrica.
Ao devandito acordo chegouse con motivo da construcción da nova escola infantil de Goián, para facilitar o deseño e realización do proxecto, minimizando o impacto visual e incrementando a seguridade dos futuros usuarios e usuarias, así coma do resto dos edificios e rúas da zona.











