publicidade hoxe

As obras de renovación da cuberta do Ceip Pedro Caselles atópanse na fase final

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalXove
A-
A+

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, visitou o CEIP Pedro Caselles Rollán, no que a través dos traballos impulsados pola Consellería de Educación durante o período estival, se está a rematar a substitución da cuberta do edificio, que presentaba un importante deterioro.

Está obra, unha das máis importantes do conxunto das realizadas na provincia, supuxo un investimento de 60.127 euros, unha dotación económica mediante a cal se  procedeu a cambiar o teito das instalacións por un novo, con paneis sándwich de poliuretano, sobre os que se colocaron placas de material galvanizado.

Así mesmo, no proxecto incluíse tamén a substitución de canalóns e baixantes, segundo indicou Demetrio Salgueiro e técnicos da xefatura territorial de Educación. No centro estanse a levar a cabo os últimos retoques, que, segundo a empresa encargada dos traballos, estarán rematados a próxima semana, sen que interfira no inicio de curso escolar. Deste xeito, ao igual que no centro xovense, a realización das obras advírtese que contribuirá a un inicio de curso 2013-14 que transcurra con normalidade.

Dende o Concello de Xove, o alcalde agradece a implicación da delegada Raquel Arias e da Consellería de Educación para que esta obra, non prevista inicialmente nos presupostos da Consellería, se realizara este ano e nun prazo record, co fin de evitar os problemas de humidades e desprendementos que se produciron durante todo o inverno e o curso pasado.

7 de setembro de 2013 | 14:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.