As estatuas de Compostela convértense en protagonistas dunha mostra no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSantiago de Compostela
A-
A+

O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche acolle dende hoxe, 4 de setembro, ata o dia 26, a exposición de debuxo Longa vida de pedra, producida polos alumnos da Escola de Arte Mareira e organizada por Mareiras Spazodarte (www.mareiras.com). Esta mostra componse de bosquexos e debuxos dos alumnos da Escola sobre as estatuas de Compostela. A exposición inaugurase ás 19:00 horas cunha mesa redonda que levará por título “O patrimonio de esculturas urbanas en Compostela: algúns exemplos do seu plural valor histórico e artístico”, a cargo de José Carro Otero, membro das Academias Nacionais de Historia e Belas Artes de España e Portugal.

CSCXM O Ensanche
Rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo
Tfn: 981 543 001
Horario: Luns a venres, de 9:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:30 horas. Sábados, de 10:15 a 14:00 e de 17:15 a 20:45 horas

4 de setembro de 2013 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.