As augas da ría de Pontevedra serán escenario da Corte Inglés Máster 2013
O Corte Inglés Máster 2013, celebrarase en augas da Ría de Pontevedra os días 13, 14 e 15 de setembro de 2013, está a ser organizado polo Real Club Nautico de Sanxenxo, a Real Federación Española de Vela, co Patrocinio do Corte Inglés e a colaboración da Federación Galega de Vela.
O Corte Inglés Máster 2013, é un evento de Alto Nivel de Cruceiros no Calendario da Real Federación Española de Vela e puntuable para:
. Trofeo Presidente da Xunta de Galicia
. Copa de España de Cruceiros Zona Noroestes
REGRAS
A Regata correrase segundo o disposto en vigor dos seguintes regulamentos:
a) As “regras” tal e como están definidas no Regulamento de Regatas a Vela ISAF 2013 – 2016.
b) O regulamento Técnico de Cruceiros 2013 e os seus anexos.
c) O Regulamento de Medición ORC.
d) As Regras de Habitabilidade ORC.
e) Regras Especiais da ISAF para Regatas en Alta Mar, Categoría 4.
f ) Las Reglas para barcos Clásicos e de Época de AGABACE.
g) As Instrucións de Regata, que poden modificar algún dos apartados anteriores.
Por infraccións a Regras da Parte 2 do RRV aplicarase a Penalización de Dous Xiros prevista nas Regras 44.1 e 44.2 do RRV.
CLASES PARTICIPANTES: Poderán Participar nesta regata os barcos con Certificados de Medición e Habitabilidade ORC valido para o 2013











