Ares acollerá a quinta edición do memorial Pedro García Vilar de fútbol 8 do Numancia
Por quinto ano consecutivo, a SDR Numancia de Ares organiza o Memorial Pedro García Vilar de fútbol 8, unha actividade deportiva na que colabora o Concello a través da área que dirixe o edil socialista José Juan Vilar. Dende a tarde do vindeiro venres, día 13, ás 16.15 horas, ata a tarde do sábado 14 –os partidos nesa xornada comezarán ás 09.45 horas-, disputaranse os encontros correspondentes as categorías de prebenxamíns, benxamíns e alevíns.
En total, serán doce os equipos participantes en cada unha das citadas categorías, que, á súa vez, estarán repartidos en dous grupos. Galicia de Mugardos, Numancia, Victoria, Perlío, Eume, Miño, Neda, San Sadurniño, O Val, Narón, Maniños e Meirás son os equipos que tomarán parte neste memorial.











