Aprobada a relación de admitidos para a praza de auxiliar administrativo
O concelleiro de Economía, Facenda e Recursos Humanos, Alejandro Langtry Caínzos, informou hoxe sobre a publicación do listaxe definitivo de admitidos/as para participar no proceso selectivo para unha praza de Auxiliar Administrativo/a. A resolución foi publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).
Así mesmo, a publicación tamén informa do inicio da oposición para a praza de Auxiliar Administrativo/a, que dará comezo o vindeiro 3 de outubro ás 12:00 horas coa realización do primeiro exercicio nas instalacións de FIMO. Para máis información, os interesados poderán consultar a publicación no BOP de hoxe.











