Aprobada a ampliación dos horarios dos locais de hostalería durante o San Froilán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

O Concello de Lugo informou favorablemente sobre a petición dos hostaleiros de Lugo para poder ampliar a hora límite de peche dos establecementos de ocio durante as festas do San Froilán. Agora debe ser a Xunta, organismo que ten as competencias nesta materia, a que debe autorizar esta ampliación do horario durante a semana das festas.

Desta maneira, o Concello atendeu a solicitude realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo para a ampliación do horario durante as festas patronais e nas que se aumenta  considerablemente o número de visitantes na cidade.

17 de setembro de 2013 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.